SANTIAGO DE COMPOSTELA EN BLANCO Y NEGRO

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN BLANCO Y NEGRO. IN BLACK AND WHITE EN BLANC ET NOIR

Editorial:
TEOFILO
Año de edición:
ISBN:
978-84-939165-6-5
Páginas:
170
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

36,40 €

O libro está adicado á figura de don Antonio Castro García, que foi alcalde de Santiago de Compostela, cidade que amou e pola que loitou ao longo da súa vida, e destacado membro do Consello de administración do xornal El Correo Gallego. Ademais, e por decisión do editor, unha parte da recadación pola venda de exemplares de este libro será destinada á Fundación ANDREA, de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

“Santiago en branco e negro” recolle unha recompilación de coidadas instantáneas de moi variados recunchos e coñecidos lugares da capital galega capturadas polo obxectivo do fotógrafo Alberte Peiteavel.

Ao longo de máis de duascentas fotografías este libro percorre lugares, desde a perspectiva do tempo, cos que podemos deleitarnos. Constitúen un conxunto de chamativas composicións que invitan a unha viaxe chea de contrastes que transcorre desde o Medievo ata o século XXI, amosándonos a transformación de Santiago de Compostela sen perder a súa indubidable riqueza histórico cultural.

Unha publicación que invita a transitar desde a cidade monumental á puxante urbe dinámica e moderna que é hoxe a capital galega, destacando a súa harmonía e complementariedad