SAUDADES DE KISSINGER

SAUDADES DE KISSINGER. TR. MONCHO IGLESIAS MIGUEZ

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-92866-21-2
Páginas:
184
Encuadernación:
Rústica
Colección:
CONTEMPORANE
Disponibilidad:
Descatalogado

16,00 €

Tradución do hebreo de Moncho Iglesias Míguez

O anxo sempre levaba posta unha gabardina para que non se lle visen as ás. No cemiterio, os rapaces tirábanlles pelotas de tenis ás lápidas: se lle daban á tumba dun oficial era punto para eles, se lle daban á dun recruta, o punto era para o cemiterio. Un mago repasa a súa listaxe de trucos antes de saír a escena. Logo, no autobús, coincide con alguén que viaxa cun coitelo tan grande que ocupa dous asentos. Un mesmo ruído de fondo entrelaza este conxunto de relatos de Etgar Keret. Está formado polo estalo de multitude de pesadelos que se confunden coa realidade. Os soños protectores atenúan tanto barullo, mais as vidas dos protagonistas só conseguen evadirse das hostilidades do día a día durante o breve escintileo que se produce no intre do espertar.

Otros libros del autor