SON DO FOL MÉTODO INFANTIL PARA GAITA GALEGA

SON DO FOL MÉTODO INFANTIL PARA GAITA GALEGA. DE INICIACION A GAITA GALEGA GAITA GALLEGA

Editorial:
ASOCIACIÓN DE GAITEROS GALEGOS
Año de edición:
Materia
MÚSICA
ISBN:
978-84-615-7824-5
Páginas:
120
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En stock

20,75 €
Comprar


Son do Fol, método infantil de iniciación á gaita

Reproducimos a información da Asociación de Gaiteiros Galegos das presentacións da súa última publicación, "Son do Fol", o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega que permite adiantar o ensino deste instrumento aos 6 anos en lugar dos 10, que era a idade máis habitual. A primeira delas, o vindeiro mércores en Compostela.


Xaime Estévez, autor de “Son do Fol” será o encargado de facer as presentacións do libro, que de seguro se convertirá nunha ferramenta que fará que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedar con ela o resto das súas vidas.

O libro ofrece ao profesorado unha ferramenta que ata agora non existía para achegar aos nenos non só o mundo da gaita, senón tamén da cultura tradicional. O libro é tamén un caderno de actividades e contén un CD de apoio con partituras, audicións e vídeos.

Ten un repertorio moi escollido, con cancións do folclore galego para podelas cantar, e inclúe tamén actividades, anécdotas, formas de fabricar un instrumento, datos sobre algúns dos músicos populares galegos, adiviñas, cancións e algo de linguaxe musical.