TANTOS ANOS DE SILENCIO

TANTOS ANOS DE SILENCIO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9151-437-4
Páginas:
244
Encuadernación:
Rústica
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

21,50 €
Comprar

unha novela ambiciosa na que recrea unha época de escuridade, paseos na madrugada, tiros nas cunetas, e corpos que sobreviven en covas debaixo das cociñas, mais tamén de utopías e soños de cambio, revolución e vida mellor. En efecto, todo é un soño feliz no pazo de Flavia ata que o 18 de xullo de 1936 comeza unha guerra que algúns aproveitan para urdir vinganzas que acaban deixando unha pegada misteriosa: unhas fosas comúns que agochan cinco corpos executados dun tiro na cabeza e un sexto esqueleto de muller que abraza contra o peito o libro dun poeta do que ninguén oíu falar. Ánxela, unha investigadora que garda a súa propia historia de violencia e dor, acepta dirixir a excavación das fosas e proponse deitar luz sobre todos os acontecementos dos primeiros días da guerra no pazo, pero axiña desexará tirar tamén do fío da identidade do misterioso poeta e da muller soterrada co libro. A través da investigación de Ánxela, iniciamos unha viaxe apaixonante entre 1936 e os nosos días en que descubriremos que o fascismo superou tempos e fronteiras.

Estades invitadas e invitados a viaxar neste relato violantamente fermoso. Fermosamente violento.

Francisco Castro (Vigo, 1966) é director xeral da Editorial Galaxia. Foi presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É tamén comentarista na prensa e na radio e televisión públicas. É autor de longa traxectoria na que destacan libros como Xeografías, A canción do náufrago, Memorial do infortunio, Xeración perdida, Un bosque cheo de faias, Spam, As palabras da néboa, O ceo dos afogados, Chamádeme Simbad, O corazón da Branca de Neve, In Vino Veritas, Tes ata as 10, Iridium… Posúe a práctica totalidade dos premios literarios de Galicia, como o Frei Martín Sarmiento (en cinco ocasións), o Blanco Amor ou o Manuel García Barros. Escritor para todos os chanzos de idade, a súa obra está traducida a moitas linguas como o catalán, éuscaro, catalán, portugués de Brasil, italiano ou serbio. En 2018 entrou a formar parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.

Otros libros del autor

  • XOAN, XOANA (PREMIO PURA-DORA VAZQUEZ)
    Titulo del libro
    XOAN, XOANA (PREMIO PURA-DORA VAZQUEZ)
    CASTRO, FRANCISCO
    XIX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Pura e Dora Vázquez" 2022 Xoán non é Xoán: é Xoana. É tan difícil de e...
    RECÍBELO EN 72H

    14,70 €

  • A HISTORIA DE SARA
    Titulo del libro
    A HISTORIA DE SARA
    CASTRO, FRANCISCO
    A historia de Sara, ilustrado por Luz Beloso, é un libro singular de difícil definición.A historia está contada por ...
    RECÍBELO EN 72H

    20,90 €

  • EL CEMENTERIO DE BARCOS
    Titulo del libro
    EL CEMENTERIO DE BARCOS
    CASTRO, FRANCISCO
    Una historia luminosa de amor y amistad contra la violencia en todas sus expresiones. Una novela sobre la dignidad y...
    RECÍBELO EN 72H

    16,90 €

  • O CEMITERIO DE BARCOS
    Titulo del libro
    O CEMITERIO DE BARCOS
    CASTRO, FRANCISCO
    O cemiterio de barcos é unha historia luminosa de amor e amizade contra a violencia en todas as súas expresións. Unh...
    RECÍBELO EN 72H

    17,90 €

  • IRIDIUM
    Titulo del libro
    IRIDIUM
    CASTRO, FRANCISCO
    Iridium é unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amiz...
    En stock

    12,60 €