ASOCIACIÓN TERRAS DE ORTEGAL DE ORTIGUEIRA A CORUÑA
Datos da presentación
O acto contará coa participación de:
- - Vanesa Trevin, vogal da asociación, arqueóloga e concelleira de Patrimonio de Ortigueira
- - Javier Martínez Prieto, vogal da asociación, investigador e párroco de Santa Marta de Ortigueira.
- - Carlos Breixo, historiador e Cronista Oficial de Ortigueira
- - Rafael Usero, historiador e Cronista Oficial de Cedeira
Trátase da primeira vez, nos tres anos de vida da revista que se fai unha presentación en Cedeira, e que coincide coa presenza das revistas nas librerías de Cedeira, onde se poden atopar tanto o número 3, correspondente a este ano 2016, como os 2 anteriores, correspondentes a 2014 e 2015