UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA

UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Hª DE GALICIA
ISBN:
978-84-8487-767-7
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO
Disponibilidad:
En stock

17,95 €
Comprar

Enrique Peinador Porrúa morreu fusilado o 27 de abril de 1940 en Madrid cando acababa de cumprir 38 anos. Avogado, galeguista, militante de Izquierda Republicana e masón, o seu compromiso coas liberdades democráticas e coa Galiza que en 1936 comezaba a entrever un futuro de seu, fican fóra de toda dúbida. O golpe de Estado de xullo rachou coas primeiras e tronzou as aspiracións da segunda. A guerra, con toda a súa crueza, esmagou vidas e proxectos e o réxime lexítimo da Segunda República só tiña unha resposta: resistir.
Peinador foi un home lonxe de apaixonamentos revolucionarios, non era un marxista. Cría nas leis, na tolerancia e no respecto. Tamén na igualdade e na solidariedade. Por iso, custa entender que un tribunal militar ditase a última pena contra el e outras 43 persoas nun célebre e irregular consello de guerra celebrado no Madrid da posguerra. A xustiza de Franco aplicada dende unha óptica vingativa, sen garantías xurídicas e cunha mensaxe carente de humanidade.
A presenza como xuíz de Peinador no Comité Provincial de Investigación Pública así como o seu paso en calidade de fiscal acusador

Otros libros del autor

  • O MAR E MEMORIA. EXPEDIENTE ARMESTO
    Titulo del libro
    O MAR E MEMORIA. EXPEDIENTE ARMESTO
    REDONDIO ABAL,FRANCISCO XAVIER
    A historia local co seu coñecemento polo miúdo do territorio, dasrelacións sociais e das personaxes protagonistas te...
    Consulte previamente la disponibilidad

    15,00 €