UNHA DESOLACION

UNHA DESOLACION

Editorial:
HUGIN E MUNIN
Año de edición:
ISBN:
978-84-944422-5-4
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

14,00 €
Comprar

Unha desolación (1999), a segunda obra narrativa de Yasmina Reza, contén algúns dos temas recorrentes da autora, como a figura do pai ou a presentación de problemas complexos que convidan á reflexión. Samuel, un xudeu xubilado, misóxino, afeccionado á xardinaxe e melómano, sente o peso da velleira ao tempo que goza da liberdade de expresarse sen finximento. O seu parlamento ten como destinatario fundamental o fillo ausente. Mais a súa mirada póusase tamén en Nancy, a súa segunda muller, na súa refinada filla, no seu neto e mesmo no pobo xudeu.

En consonancia coa estrutura discursiva do relato, a autora opta por unha linguaxe directa, por romper a sintaxe e por puntuar de maneira singular. Así, o monólogo insire múltiples variantes que proveñen de voces alleas: a de Marisa Bottona, a amante da mocidade; a do veciño Léo, unha sorte de filósofo contemplativo; ou a alegre de Geneviève, a vella amiga reencontrada... Do mesmo xeito, a súa disposición fragmentaria e reiterativa vén apuntalada pola presenza de motivos recorrentes, introducidos case ao xeito de ladaíñas. Velaí pois o combate verbal e introspectivo que emprende Samuel, un home excéntrico e melancólico, de a cabalo entre o bufón misántropo e o heroe existencial.
ESPECIFICACIÓNS

20 x 13.5cm
Lingua galega
Colección XX
978-84-944422-5-4


Autor: Yasmina Reza
Páxinas: 100
Traducido: do francés por Xavier Senín

Otros libros del autor

  • FELICES LOS FELICES
    Titulo del libro
    FELICES LOS FELICES
    REZA, YASMINA
    Yasmina Reza entreteje con maestría los relatos de las vidas de dieciocho personajes que parecen no tener nada en co...
    RECÍBELO EN 48H

    11,95 €

  • CASOS REALES
    Titulo del libro
    CASOS REALES
    REZA, YASMINA
    La aclamada autora de Arte y Un dios salvaje deslumbra con «uno de sus libros más hermosos» (Paris Match), en el que...
    RECÍBELO EN 48H

    20,90 €

  • ARTE
    Titulo del libro
    ARTE
    REZA, YASMINA
    Arte es una comedia brillante y feroz sobre lo que creemos entender del arte y de la amistad. Tres amigos de toda la...
    RECÍBELO EN 48H

    10,95 €

  • ADAM HABERBERG
    Titulo del libro
    ADAM HABERBERG
    REZA, YASMINA
    Yasmina Reza traza un retrato inclemente de un escritor desalentado, de un hombre en plena crisis de la mediana edad...
    RECÍBELO EN 48H

    18,90 €

  • ANNE-MARIE LA BELLA
    Titulo del libro
    ANNE-MARIE LA BELLA
    REZA, YASMINA
    El monólogo –ácido, divertido, desgarrador– de una vieja actriz que repasa su vida y su carrera.  Anne-Marie, una vi...
    RECÍBELO EN 48H

    15,90 €