VEROTO EL ROMANO EL NACIMIENTO DE GALICIA CALAICO

VEROTO EL ROMANO EL NACIMIENTO DE GALICIA CALAICO. EL NACIMIENTO DE GALICIA CELTA PUEB

Editorial:
TEOFILO
Año de edición:
Materia
HISTÓRICA
ISBN:
978-84-940333-6-0
Páginas:
204
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

20,80 €
Comprar

A obra, escrita en castelán e que resposta ao estilo de novela histórica, se desenvolve nos montes e vales da península do Barbanza -reduto do noroeste afastado do dominio de Roma- e amosa a dignidade e coraxe coas que os poboadores castrexos aceptaron sen dobregarse a Pax romana acadada polo emperador Augusto. A través das novas e das opinións dos autores clásicos, o autor desta interesante narración relata ao longo de duascentas páxinas, episodios, lendas, e costumes que desde antigo fundamentaron o feito diferencial galaico.

O autor do libro é o riveirense, nado en Palmeira, José Vicente Domínguez, foi capitán da marina mercante e de pesca, ocupou cargos directivos na administración autonómica, e foi un activo empresario en diferentes áreas -construción naval, turismo e acuicultura-; tamén e durante cinco anos se adicou á política asumindo distintas responsabilidades no seo da formación socialista riverense.

Este é o sétimo título da súa dilatada obra, na que ven demostrando o seu profundo amor a Galicia, e que vai desde o ensaio á novela, pasando polo relato, con títulos como “La Raíña”, “Allá está Pancho”, “Así éramos en Benencia”, ou “Con el sol en la popa” e “O anxelote e outros relatos”.

Otros libros del autor