Cando a Xertrudis se lle encresparon os catro pelos do dedo gordo do pé, Bladislavo soubo que a súa bruxa favorita precisaba vacacións. Atoparán o seu destino ideal? Mantén o libro afastado a un palmo do teu nariz, xa sabes que as bruxas e os menos nunca se levaron ben. Se Xertrudis sabe que estás preto, corres o risco de desaparecer!