A OLLADA DO DESEXO. OBRA FOTOGRÁFICA 1933-1973

A OLLADA DO DESEXO. OBRA FOTOGRÁFICA 1933-1973

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
FOTOGRAFÍA Y FOTÓGRAFOS
ISBN:
978-84-8288-735-7
Páginas:
204
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

30,50 €
Comprar

Eduardo Blanco Amor, paralelamente ao seu labor de escritor e xornalista, desenvolveu durante toda a súa vida unha intensa actividade como fotógrafo, recollendo testemuños gráficos en todas as viaxes que realizou (Andalucía e Marrocos antes da Guerra Civil, Chile durante o exilio americano, Castela, Cataluña e Italia á súa volta a Galicia), amais de desenvolver unha importante obra fotográfica como retratista (serie de retratos de García Lorca, Aitana Alberti, persoeiros da Segunda República, autorretratos, emigrantes en Buenos Aires, etc.) e como observador orixinal e profundo da Galicia do seu tempo. O obxectivo do libro é difundir unha obra fotográfica de indubidable calidade estética, creativa e variada, atenta á paisaxe, á xente, aos efectos da luz e á composición da imaxe. A mirada de Eduardo Blanco Amor é unha mirada que expresa o desexo de apreixar o mundo, de contemplalo dende a propia experiencia. As fotografías que se recollen neste libro son a mostra dunha actividade á que se dedicou non dun xeito circunstancial senón cunha intención claramente estética e documental e como a expresión da súa necesidade de apreixar o mundo no que viviu, de integralo na súa vida e de tentar explicalo desde a súa propia concepción da realidade. Unha obra eminentemente artística, resultado do interese do propio autor polas tendencias fotográficas da época e da historia da fotografía que nela se ven reflectidas: expresionismo, pictorialismo ou reportaxe.

Otros libros del autor

  • RIR E PROVOCAR:OBRA TEATRAL. (BIBLIOTECA BLANCO AMOR)
    Titulo del libro
    RIR E PROVOCAR:OBRA TEATRAL. (BIBLIOTECA BLANCO AMOR)
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    O humor obríganos e preguntarnos, o cómico non. Só o humor ten a posibilidade de provocar a risa a través da dor, e,...
    RECÍBELO EN 72H

    26,40 €

  • CASTELAO ESCRITOR
    Titulo del libro
    CASTELAO ESCRITOR
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    Tras o pasamento de Castelao, o Consello de Galiza encargou unhas monografías a tres persoeiros galegos que daquela ...
    RECÍBELO EN 72H

    24,35 €

  • TARACEA MARROQUI 1935
    Titulo del libro
    TARACEA MARROQUI 1935
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    Recóllense neste volume as reportaxes escritas desde diversas perspectivas, todas elas con interese e non exentas de...
    Disponible en 5 días

    23,40 €

  • A ESMORGA (ILUSTRADA)
    Titulo del libro
    A ESMORGA (ILUSTRADA)
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    RECÍBELO EN 72H

    22,95 €

  • LA CATEDRAL Y EL NIÑO
    Titulo del libro
    LA CATEDRAL Y EL NIÑO
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    SinopsisLuis Torralba es un niño de ocho años que vive en una ciudad gallega a comienzos del siglo xx. Sus padres es...
    RECÍBELO EN 72H

    21,95 €