BRASIL NO CENTRO

BRASIL NO CENTRO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-9865-368-7
Páginas:
328
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

23,95 €

Se en 'Diario de comidas', o seu anterior libro en prosa, o relato xa se desenvolvía en forma de dietario, desta volta a narración da experiencia expándese para, en estampas maxistrais, achegar aos lectores o pulso dun país senlleiro. A partir do ano 2006, en que Rodríguez Baixeras visita por primeira vez o Brasil, decide convertelo nun centro de residencia primaveral e estival e, por tanto, nun dos principais polos de atracción -o outro é Galiza- cara ao que, desde entón, tendería a súa experiencia vital. A partir dese momento inaugural, inicia un modo de vida que lle permite un desdobramento: ser "outro" durante a metade do ano, non por mudanza de xorne ou de pensamento, senón por habitar outro clima, cambiar de ambiente, vestir outra roupa ou gustar comida diferente. Amais dese dietario brasileiro, o poeta escribe unhas estampas en torno á cidade que o acolle, Salvador de Bahía. "A acusada presenza daquela terra ultramarina, tanto en forma de semblanzas como de diario, constitúe o verdadeiro centro deste libro, especialmente as primeiras polo que teñen de estabilidade, de prospección no tempo e -en certo modo- de novidade, de asombro inaugural", escribe Rodríguez Baixeras na nota aclaratoria inicial. Para o autor de 'O pan da tarde', ser o centro non significa, nin moito menos, erixirse en obxecto de visión exhaustiva, pormenorizada, mais si de contemplación dirixida a unha sociedade de alto poder de seducción e, sobre todo, sempre irradiadora dun estraño feitizo.

Otros libros del autor

  • DICIONARIO DA COMIDA GALEGA DO ABADEXO Á ZORZA
    Titulo del libro
    DICIONARIO DA COMIDA GALEGA DO ABADEXO Á ZORZA
    RODRÍGUEZ BAIXERAS, XAVIER
    Do abadexo á zorza. Un magnífico traballo de documentación, catalogación e sistematización a cargo de Xavier Rodrígu...
    RECÍBELO EN 72H

    49,90 €

  • DIARIO DE COMIDAS
    Titulo del libro
    DIARIO DE COMIDAS
    RODRÍGUEZ BAIXERAS, XAVIER
    Ao longo do recorrer de todo un ano, o autor centra as súas vivencias nos momentos pasados arredor da mesa. Un libro...
    Disponible en 5 días

    18,40 €

  • O PAN DA TARDE
    Titulo del libro
    O PAN DA TARDE
    RODRÍGUEZ BAIXERAS, XAVIER
    O poeta, cando escribe, é coma se percorrese un camiño esquecido, coma se recuperase un espazo no que de repente se ...
    Disponible en 5 días

    13,95 €

  • LAS AGUAS ABANDONADAS
    Titulo del libro
    LAS AGUAS ABANDONADAS
    RODRÍGUEZ BAIXERAS, XAVIER
    El libro que tenemos en las manos es una traducción. La traducción ha sido hecha (yo diría que jugándose la vida) po...
    Disponible en 5 días

    17,43 €

  • ROSALÍA E A COCIÑA
    Titulo del libro
    ROSALÍA E A COCIÑA
    RODRIGUEZ BAIXERAS, XAVIER
    Agotado

    20,00 €