GRIAL 244 (O.N.D. 2024) REPENSAR O HUMOR DE FERNAN

GRIAL 244 (O.N.D. 2024) REPENSAR O HUMOR DE FERNAN

Editorial:
GRIAL
ISBN:
978-92-0-019069-8
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

13,50 €

O conxunto de estudos que se abordan neste monográfico de Grial que pecha o ano, comprende traballos de persoas que nos dedicamos á filosofía universitaria e, con máis ou menos fortuna, tamén á tarefa de pensar, ben que con tan escasa coma non indesexable repercusión fóra das nosas aulas e das nosas vidas. Hai tamén un cuarto traballo dunha filóloga e investigadora rosaliana, a quen precede a súa sona como muller que pensa.

Xuntámonos aquí co gallo de dedicarlle unhas letras á primeira figura indiscutible do pensamento galego: Celestino Fernández de la Vega (1914-1986), Cilistro, posición gañada, sabemos que sen pretendelo, en virtude do rango filosófico da súa obra principal, O segredo do humor (Ed. Galaxia, 1963), así como do brillo e elegancia dos textos breves publicados postumamente baixo o título de Ensaios a proba do tempo (Ed. Galaxia, 2009), sen esquecer a audacia da súa edición de Heidegger: Da esencia da verdade (Ed. Galaxia, 1956), que confrontou a censura franquista co gallo de anoar o pensamento galego ao centroeuropeo.

Cilistro non produciu unha obra extensa, pero afitou o tiro ao tratar o tema que lle propuxeron os editores de Galaxia: o humor. Pero Cilistro non fixo o que lle pediron, non investigou só sobre o humorismo galego, senón que abordou o tema dun xeito universal e con tanta fondura como rigor, como non podía por menos que facelo unha cabeza xenuinamente filosófica.

Baixo este impacto xorden os traballos deste número: Antonio Blanco Salgueiro confróntanos coa actualidade do tema do humor no ámbito da filosofía da linguaxe de tradición anglosaxoa e oriéntanos sobre a retranca dende a óptica da teoría dos actos de fala de Austin. Amoesta levemente a Cilistro por esquecer que, precisamente, a fala cotiá é camiño aberto onde nace o humor, sobre todo se o debemos considerar como expresión da mentalidade dun pobo nunha situación sociohistórica determinada.

Máis próximo á tradición filosófica continental, Óscar Parcero Oubiña pondera o fenómeno do humor como limiar, é dicir, como unha especie de non-lugar entre outros ou como un lugar de non doado acomodo. Revisa a interpretación que fai De la Vega de Nietzsche, Schopenhauer, Bergson…, e loa a súa interpretación da novela cervantina, que ben podería ser merecente da interlocución de especialistas de tanto prestixio como Iffland. Lamenta, con todo, a escasa atención dedicada por Cilistro a Kierkegaard e mesmo o desacerto de telo despachado nunha frase na que cualifica o dinamarqués de home nada humorista.

Otros libros del autor

  • GRIAL 246 (A.M.X.2025) SOCIEDADE, ECONOMIA E TERRITORIO
    Titulo del libro
    GRIAL 246 (A.M.X.2025) SOCIEDADE, ECONOMIA E TERRITORIO
    VARIOS
    No contexto da celebración dos 75 anos da fundación de Editorial Galaxia, a revista Grial propúxose realizar varios ...
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • CREAR PORVIR. 75 ANIVERSARIO DE EDITORIAL GALAXIA
    Titulo del libro
    CREAR PORVIR. 75 ANIVERSARIO DE EDITORIAL GALAXIA
    VARIOS
    No mesmo Vigo xa ten fortes raíces a Editorial máis dedicada ao pensamento galego, a Galaxia […] que ten espallado c...
    RECÍBELO EN 72H

    22,50 €

  • GRIAL 245 (X.F.M.2025) CULTURA, ARTES E IDENTIDADE
    Titulo del libro
    GRIAL 245 (X.F.M.2025) CULTURA, ARTES E IDENTIDADE
    VARIOS
    Corresponde aos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2025I Foro Grial. Cultura, artes e identidadesMaría López Sánd...
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • CANTIGUEIRO DE COMPOSTELA
    Titulo del libro
    CANTIGUEIRO DE COMPOSTELA
    VARIOS
    O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura...
    RECÍBELO EN 72H

    17,50 €

  • ESPAÑA EN EL MUNDO
    Titulo del libro
    ESPAÑA EN EL MUNDO
    VARIOS
    La sociedad internacional se encuentra en un proceso de transición: en este primer cuarto de siglo convergen element...
    En stock

    19,90 €