POR QUE AS SOMBRAS NON TEÑEN OLLOS

POR QUE AS SOMBRAS NON TEÑEN OLLOS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9914-920-2
Páginas:
168
Encuadernación:
BOLSILLO
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

20,50 €
Comprar

O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha carteira na que atopará a fotografía dunha moza, unha carta remitida desde Canadá e tres follas manuscritas, material que agochará na casa dun familiar. O mesmo día, na embaixada do Reino Unido en Madrid recibíronse instrucións encriptadas para que o persoal diplomático do consulado de Vigo recuperase os efectos persoais e restos documentais atopados no lugar do sinistro. Coa chegada a Montealegre dunha profesora finlandesa de historia, colaboradora do servizo de intelixencia alemán, comezará neste territorio da Raia Seca galego-barroso unha batalla de espías na procura destes documentos que será decisiva para o desenlace da Segunda Guerra Mundial. Nesta orixinalísima novela de misterio e espionaxe, historicamente moi documentada, García Mañá consolida a súa mestría como narrador de intriga e promotor do espazo literario arraiano.

Otros libros del autor

  • IN ARTICULO MORTIS
    Titulo del libro
    IN ARTICULO MORTIS
    GARCÍA MAÑÁ, LUÍS MANUEL
    Despois da morte de Manuel Blanco Romasanta no presidio de Ceuta en 1863, o cura e capelán do Penal, que o atendeu “...
    RECÍBELO EN 72H

    16,70 €

  • NON É DE TARAMUNDI
    Titulo del libro
    NON É DE TARAMUNDI
    GARCIA MAÑA, LUIS MANUEL
    Os anos cincuenta representan para Galicia e comarcas limítrofes novos avances para a mellora da situación económica...
    RECÍBELO EN 72H

    16,30 €

  • MIÑO, ¿EXISTIU UNHA FRONTEIRA?. APUNTAMENTOS HISTÓRICOS, XURÍDICOS E SOCIOLÓXICO
    Titulo del libro
    MIÑO, ¿EXISTIU UNHA FRONTEIRA?. APUNTAMENTOS HISTÓRICOS, XURÍDICOS E SOCIOLÓXICO
    GARCÍA MAÑÁ, LUÍS MANUEL
    En Miño: ¿existiu unha fronteira?, Luís Manuel García Mañá achéganos ás vicisitudesda división político-administrati...
    RECÍBELO EN 72H

    24,80 €

  • NON FALES O QUE NON DEBES
    Titulo del libro
    NON FALES O QUE NON DEBES
    GARCÍA MAÑÁ, LUÍS MANUEL
    En Non fales o que non debes, a aparencia ten pouco que ver coa realidade. Xanete, o gato do maxistrado xuíz do Xulg...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €

  • COUTO MIXTO
    Titulo del libro
    COUTO MIXTO
    GARCÍA MAÑÁ, LUÍS MANUEL
    Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas foto...
    RECÍBELO EN 72H

    51,95 €