PRÁCTICAS LINGÜÍSTICAS NA INFANCIA: A XESTIÓN LINGÜÍSTICA NOS PRIMEIROS CONTEXTOS DE SOCIALIZACIÓN

PRÁCTICAS LINGÜÍSTICAS NA INFANCIA: A XESTIÓN LINGÜÍSTICA NOS PRIMEIROS CONTEXTOS DE SOCIALIZACIÓN

Editorial:
REAL ACADEMIA GALEGA
Materia
LENGUAS
ISBN:
978-84-17807-15-3
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,00 €

Os datos publicados nos últimos anos veñen rexistrando un descenso da presenza do galego nas novas xeracións. Este proceso é máis acusado nos territorios máis dinámicos económica e demograficamente, as cidades e as súas áreas de influencia. A infancia é unha etapa fundamental no desenvolvemento das competencias e o comportamento lingüístico, por iso comeza a ser habitual que as investigacións sociolingüísticas atendan á familia ou á escola como contextos cruciais da socialización lingüística. Porén, son escasos os traballos que estenderon as pescudas fóra destes ámbitos.

Este proxecto xurdiu coa intención de ampliar a ollada, afondar no coñecemento destoutros espazos e estender a análise a outros contextos cada vez máis relevantes para as nenas e nenos: as actividades complementarias, de conciliación da vida laboral e familiar e as extraescolares.

A investigación desenvolveuse na comarca de Santiago. En entrevistas e grupos de discusión falouse con membros das familias e das escolas, con xente das empresas de lecer e tempo libre e de distintas asociacións e clubs deportivos. Realizáronse entrevistas con representantes municipais, que tiveron a oportunidade de explicar de primeira man as políticas lingüísticas das súas administracións e as dificultades que atopan para implementalas. A pretensión que guía este traballo é dar unha visión de conxunto do que está a acontecer na socialización infantil, analizar o lugar do galego nos modelos lingüísticos de cada contexto e a súa influencia no desenvolvemento da conduta lingüística das nenas e nenos. Os seus resultados permiten explicar como se produce este proceso de substitución do galego polo castelán na infancia nos contextos familiares e extrafamiliares do urbano e periurbano galego.

Otros libros del autor

  • GRIAL 245 (X.F.M.2025) CULTURA, ARTES E IDENTIDADE
    Titulo del libro
    GRIAL 245 (X.F.M.2025) CULTURA, ARTES E IDENTIDADE
    VARIOS
    Corresponde aos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2025I Foro Grial. Cultura, artes e identidadesMaría López Sánd...
    En stock

    15,00 €

  • CANTIGUEIRO DE COMPOSTELA
    Titulo del libro
    CANTIGUEIRO DE COMPOSTELA
    VARIOS
    O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura...
    En stock

    17,50 €

  • ESPAÑA EN EL MUNDO
    Titulo del libro
    ESPAÑA EN EL MUNDO
    VARIOS
    La sociedad internacional se encuentra en un proceso de transición: en este primer cuarto de siglo convergen element...
    En stock

    19,90 €

  • MUSIC QUEENS
    Titulo del libro
    MUSIC QUEENS
    VARIOS
    Diez canciones que cambiaron el mundo, diez cantantes femeninas que rompieron moldes, dieron un vuelco a la música, ...
    RECÍBELO EN 72H

    21,95 €

  • GRIAL 244 (O.N.D. 2024) REPENSAR O HUMOR DE FERNAN
    Titulo del libro
    GRIAL 244 (O.N.D. 2024) REPENSAR O HUMOR DE FERNAN
    VARIOS
    O conxunto de estudos que se abordan neste monográfico de Grial que pecha o ano, comprende traballos de persoas que ...
    En stock

    13,50 €